Morte en Kingston Road
M

Carmen Alcañiz Lorenzo - Lendo na Baía

Anos despois da morte da súa única irmá, Susan Clark segue tentando soportar a perda o mellor que pode. O baleiro que deixa Ruth é inmenso, e a vida de Susan é menos que ideal. Ás portas dos corenta, e estancada nun traballo que detesta, bota en falta o apoio da súa irmá, que era o piar da súa familia.

Desencantado co seu traballo, o detective Mike Solano está a piques de deixar o seu posto na comisaría de Thames Valley. Os seus compañeiros critican a súa falta de carácter, polo que antes do seu traslado a unha pequena cidade no sur do país, quere demostrarlles a todos, e a si mesmo, que segue sendo o brillante detective de outrora. Para iso, proponse resolver un caso que lle anda pola cabeza desde hai tempo: a morte da doutora Ruth Webber. Solano está convencido de que o que se considerou no seu día como un suicidio non foi tal e, para tratar de probalo, decide contactar con Susan Clark, a irmá pequena da vítima, e solicitar a súa axuda para reabrir o caso.

Mercar libro

#EspazoLiterario

Ninguén mellor que o autor ou autora para dar a coñecer a súa obra literaria. Con esta intención, créanse en Nós Televisións os Espazos Literarios: 'Xerais, en singular', 'Ler na Baía' e 'Universo Galaxia'