Mónica F. Valencia, nova presidenta da Coordinadora de Traballadoras/es de Normalización Lingüística

A Coordinadora de Traballadoras/es de Normalización Lingüística (CTNL) celebrou o pasado sábado, día 9, a súa Asemblea Xeral na que se escolleu unha nova xunta directiva presidida por Mónica Fernández Valencia, técnica de normalización lingüística no Concello de Ourense. A asemblea, que aprobou as vindeiras liñas de traballo, tamén gabou o traballo elaborado durante oito anos pola xa expresidenta Anxos Sobriño.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego