Mónica Fernández Valencia é a presidenta da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) e técnica de normalización lingüística do Concello de Ourense. Falamos con ela logo de sabermos do encontro que terá a lugar o vindeiro 24 de outubro que xuntará ás forzas políticas con representación no Parlamento para abordar unha posible actualización do Plan Xeral de Normalización Lingüística (PXNL).