MJ Pérez presentará en directo o seu novo disco o domingo na Festa do Queixo de Arzúa

MJ Pérez presenta Je tiens bon, o seu quinto álbum de estudo, un traballo que chega despois dunha longa pausa discográfica e que marca un punto de inflexión na súa traxectoria. O disco presentarase en directo na Festa do Queixo de Arzúa esta fin de semana. A cita será o domingo, 1 de marzo, ás 12.30h.

Tras cinco anos sen publicar disco, este proxecto nace dun proceso fondo de transformación persoal e creativa: unha etapa de altos e baixos, de dúbidas reais e de reconexión co sentido de facer cancións. No fondo, Je tiens bon resume unha idea clara: manterse firme dende a calma; resistir, si, pero non dende o ruído, senón dende a serenidade, a confianza e a madurez. Unha especie de “Guerrilleira en calma”.

Aquí podedes consultar a programación completa da Festa do Queixo que se celebra esta fin de semana.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego