MJ Pérez presenta ‘Perdín a memoria’, un novo sinxelo que funciona como berro de renacemento, de amor inesperado e de ruptura co pasado. A canción, escrita entre Galicia e Francia, é un tema eufórico que fala de comezos e de deixar atrás a dor desde a alegría, cunha produción coidada feita en Portugal da man do recoñecido músico e productor Sérgio Miendes.



