Miguel de Lira: “Ninguén foi quen de poñer nunca un stop no camiño de Chévere”


Miguel de Lira é un dos actores máis populares e coñecidos da historia recente galega. El é o Currás da serie da TVG Mareas Vivas, o Cibrán da película da Esmorga, o fundador do Grupo teatral Chévere e tamén un dos creadores da Sala Nasa. Comezou no mundo da interpretación cando estudaba Dereito na Universidade de Santiago, a mediados dos 80, e desde aquela, os seus traballos axitan conciencias, fan política desde os escenarios, divirten e tamén deixan pouso.

Tras pasar por varias etapas e diferentes lugares de residencia, Chévere ten o seu local de ensaio e parada na parte alta de Compostela. Alí, un mural realizado por Tristán Ron dalle vida á parede da entrada con debuxos que percorren a traxectoria do grupo. Diante del, Miguel de Lira senta nunha das butacas de Eroski Paraíso. Con esta obra obtivo o premio Mestre Mateo ao Mellor Actor Protagonista no 2020. Así comezamos a conversa, calmada e chea de anécdotas, sobre a historia da súa vida e os xa máis de 35 anos da compañía.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego