A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) vén de destacar neste mes de xullo a Miguel Anxo Seixas Seoane, presidente da Fundación Castelao.

O historiador, nado en Arzua o 29 de setembro de 1960, licenciouse en Historia da Arte Moderna e Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela sendo redactor e guionista da Televisión de Galicia, coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega e un destacado ensaísta.
Entre os seus traballos destacan a obra ‘Castelao. Construtor da nación‘.



