Miguel Anxo Bastos: “Eu sei que a miña lingua é o galego-portugués”

A equipa de Nós Televisión estivo con Miguel Anxo Bastos na facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela. Conversamos sobre o presente e futuro da lingua galega, o nacionalismo e o porvir da Galiza na Europa do século XXI.

Doutor en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e licenciado en Ciencias Políticas pola UNED, o profesor Miguel Anxo Bastos é un intelectual respectado incluso por aquelas persoas que manteñen opinións radicalmente distintas ás súas.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego