Memorias dun neno labrego (Novela Gráfica)
M

Adaptado por Iria Adelgunde

“Eu son… Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre.”

Así comeza o libro máis lido e traducido da literatura galega. Unha das obras que fundan a nosa narrativa contemporánea
e que agora se presenta por vez primeira nunha adaptación gráfica.

Iria Aldegunde, con mestría e sensibilidade, pon en imaxes ese mundo que Balbino contempla ao seu redor cos ollos moi abertos e que adoece por entender, pois, como el afirma, vimos ao mundo cunha alforxa de preguntas.

Nesta novela gráfica atoparedes moitas desas respostas.

Mercar libro

#EspazoLiterario

Ninguén mellor que o autor ou autora para dar a coñecer a súa obra literaria. Con esta intención, créanse en Nós Televisións os Espazos Literarios: 'Xerais, en singular', 'Ler na Baía' e 'Universo Galaxia'