‘Medrar en galego’ pecha este sábado en Allariz a semana da Lingua Propia con obradoiros, contos e música en galego

Allariz acollerá este sábado, día 25, a xornada Medrar en galego, organizada pola Mesa pola Normalización Lingüística, o Concello de Allariz, a Deputación de Ourense, o Espazo Ben Común e a Confederación de ANPAS galegas.

O programa de actividades, que se desenvolverá ao longo de todo o día, incluirá obradoiros para partillar experiencias de éxito e resolución de conflitos, xogos, contos, un concerto de Magín Blanco e unha feira de empresas en galego, que estará aberta todo o día no pavillón do IES de Allariz. Todas as actividades son de acceso libre e gratuíto, agás os obradoiros de crianza, para os que había que inscribirse previamente e que xa teñen todas as prazas cubertas.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego