Remedios Fernández Romero, coñecida literariamente como Medos Romero, é a autora escollida para destacar neste mes de outubro pola Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega. Medos Romero, nada no concello das Pontes, é unha escritora galega que ten colaborado en diversas revistas, como A Xanela e Festa da Palabra Silenciada.
Comezou escribir con 37 anos, dentro do círculo das poetas que se circunscribiu á chamada Xeración dos 90. Así ten títulos como “Ámome en por min” (1999), “Hortensia” (2020) ou “As flores do baleiro” (2024).
Tamén ten obra narrativa “Dubido se matei a Lena (2000”. Foi gañadora do Premio de poesía Miguel González Garcés no 2006, por “O pozo da ferida”, xunto ao XIX Premio de poesía Afundación no 2021 e o Premio da Crítica de poesía galega no 2022, por “O Sol era Ela”.



