‘Matria’ chega este venres aos cines na que será a mellor estrea comercial dun filme en galego

O cinema en galego volve revolucionar as salas de cine despois do paso de filmes como ‘A Esmorga’ ou ‘O que Arde’. Neste caso, a película por quen todas as persoas agardan é ‘Matria’, a primeira longametraxe do director Álvaro Gago que, desde este venres, poderá verse en 60 salas de Galiza e España. Estas cifras sitúana no novo éxito do cinema galego. E non só. O filme vén para casa cos brazos cheos logo do seu paso pola Berlinale e polo Festival de Málaga. Conseguíu tanto a Biznaga de Prata á mellor actuación feminina para María Vázquez no seu papel como Ramon e o premio Asecan na secció noficial.

‘Matria’ conta a historia de Ramona, unha muller, galega e nai inmensa na precariedade e nunha morea de coidados nos que se esquece dela mesma. Este filme, que represente a centos de mulleres, é tamén un berro feminista e obreiro que marca o cinema social galego.

Poderás ver o filme en:

A CORUÑA
Yelmo Espacio Coruña
Cinesa Marineda City
Cantones Cines
Xunqueira (Cee)
Duplex (Ferrol)
Odeon Multicines (Narón)
Cines Compostela (Santiago de Compostela)
Cine As Cancelas (Santiago de Compostela)
Cines Numax (Santiago de Compostela)
LUGO
Codex Cinema
Multicines Cristal
Yelmo As Termas
Cinelandia (Ribadeo)
Cines Viveiro (Viveiro)
OURENSE
Ponte Vella
Cine Gesma (Xinzo de Limia)
PONTEVEDRA
Cinexpo
Cines Seixo (Marín)
Avenida (Caldas de Reis)
Auditorio Municipal (Cambados) – Sábado 25
Auditorio Municipal (Vilanova) – Jueves 23
Auditorio Concello (A Illa de Arousa) – Sábado 25
Gran Arousa Multicines (Vilagarcía)
Multicines Norte (Vigo)
Yelmo Premium Vialia (Vigo)
Yelmo Vigo (Vigo)
Gran Vía Cines (Vigo)

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego