‘Matria’, ‘As Bestas’ e ‘Sica’ chegan a dezaoito concellos da provincia de Lugo

A área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo promove un ciclo de cine con proxeccións ao aire libre que chegarán a dezaoito concellos. Os filmes que se poderán ver neste programa son:  As Bestas (Rodrigo Sorogoyen, 2022), Matria (Álvaro Gago, 2023) e Sica (Carla Subirana, 2023).

A deputada de Cultura Iria Castro sinalou que “a través deste ciclo achegamos o cine en galego non só ás vilas e capitais de comarca senón tamén a parroquias e localidades máis pequenas, cumprindo cunha das premisas coas que traballamos desde á área de Cultura, que é levar propostas culturais de calidade e en galego ao todo o territorio, contribuíndo a ampliar a axenda que preparan os concellos e as asociacións culturais”.

O ciclo de cine na rúa complementa outras accións para reforzar o galego no audiovisual que desenvolve a área de Cultura como o Ciclo Mestre Mateo, organizado en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, co que se están a proxectar as longametraxes finalistas dos premios Mestre Mateo en Chantada, Vilalba, Foz, A Pobra do Brollón, Sarria, Fonsagrada, Becerreá e Meira.

SICA | CERVANTES
Venres 4 de agosto | 22:00h | Patio do colexio, San Román

AS BESTAS | O VALADOURO
Sábado, 5 de agosto | 22.15 horas | Praza de Santa María, Ferreira

MATRIA | LOURENZÁ
Mércores, 9 de agosto | 22.00 horas | Campo dos Bolos

AS BESTAS I MURAS
Venres, 11 de agosto I 22:00 horas I Área Recreativa da Veiga

MATRIA l O CORGO
Domingo, 13 de agosto I 22.00 horas I Pista multideporte de Cela

AS BESTAS l CARBALLEDO
Luns, 14 de agosto I 22.00 horas I Campo da feira de Castro

MATRIA | NAVIA DE SUARNA
Xoves, 17 de agosto I 22.00 horas I Praza do Chao da Torre

AS BESTAS l O VICEDO
Venres, 18 de agosto I 22.00 horas I Explanada de Area Grande

AS BESTAS l OUTEIRO DE REI
Sábado, 19 de agosto I 21.45 horas I Campo da festa de Martul

MATRIA | RIOTORTO
Sábado, 19 de agosto I 22.00 horas I Campo da festa de Santa Comba de Órrea

MATRIA | MEIRA
Martes, 22 de agosto I 22.00 horas I Praza do Convento

SICA | TABOADA
Xoves, 24 de agosto I 21.30 horas I Alameda

SICA | VILALBA
Xoves, 24 de agosto I 22.00 horas I Parque Rosalía de Castro

AS BESTAS | RIBEIRA DE PIQUÍN
Venres, 25 de agosto I 21.30 horas I Área recreativa do Chao do Pousadoiro

AS BESTAS | CASTRO DE REI
Sábado, 26 de agosto I 22.00 horas I Campo de feira de Castro de Rei

AS BESTAS | PANTÓN
Sábado, 26 de agosto I 22.00 horas I Aira da Rectoral

MATRIA | CASTROVERDE
Venres, 1 de setembro I 22.00 horas I Campo da festa de Montecubeiro

AS BESTAS | OUROL
Sábado, 2 de setembro I 21:30 horas I Aparcamento do Local Social de Bravos

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego