Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2021
Na sociedade actual a maternidade concíbese como un extenso campo simbólico, a miúdo moi polarizado, que vén disparando un inxente corpus de produción verbal, que aquí denominamos “xiro discursivo da maternidade”. Esta mudanza non podería entenderse sen a perda da transmisión directa da experiencia de ser nai, acrecentada por dous feitos de alta incidencia en Galicia: o decrecemento progresivo da natalidade e o atraso da idade á que as mulleres teñen o seu primeiro fillo. Estes factores contribúen a explicar a transferencia dunha serie de modelos extraídos do mundo do traballo no réxime neoliberal ás tarefas da crianza. Explorar os novos dispositivos parentais, e as súas implicacións colectivas, é o principal obxectivo deste ensaio, que entra en diálogo con clásicos da literatura feminista, ao tempo que tenta explorar os límites da dimensión confesional do xénero.
#UniversoGalaxia
Maternidades virtuosas. Unha crítica aos modelos profesionais de crianzaM
María do Cebreiro Rábade Villar
#UniversoGalaxia
Ninguén mellor que o autor ou autora para dar a coñecer a súa obra literaria. Con esta idea Nós Televisión comeza un novo espazo que traerá á nosa web e á grella as principais novidades da Editorial Galaxia, a factoría de libros que naceu en 1950 coa arela de defender e difundir a lingua e a literatura galegas.