Maruxa Villanueva, unha voz para Rosalía

A vida de Maruxa Villanueva, actriz e cantante, ficou unida para sempre ao legado da súa admirada Rosalía de Castro. Durante anos foi a cara máis visíbel da Casa Museo da poeta en Padrón, onde residía desde o ano 1974.

A súa entrega ás persoas visitantes da Casa era total. Ao tempo que ensinaba as instalacións, recitaba e cantaba textos da súa amada Rosalía. Moitos e moitas das visitantes durante o anos 70, 80 e 90 lembran con cariño a aquela muller apaixoada pola obra da poeta, mais moi poucos sabían que detrás dese rostro estaba unha cantante moi popular no Bos Aires da emigración galega; unha actriz que representara os Vellos non deben de namorarse e á que Castelao regalara un dos panos utilizados naquela actuación; e unha muller que colaborara co exilio republicano na capital arxentina.

Nós Televisión viaxou a Padrón para unir algunhas das pezas do quebracabezas da vida dunha muller que, como a de tantas outras, merece ser lembrada.

Esta reportaxe foi posíbel grazas á colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. 

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego