Martín Rodríguez, de Nos Televisión, gañador do I Premio Alumni da U-Vigo

Por primeira vez, a Universidade de Vigo celebrou unha gala de premios que busca distinguir á súa comunidade de estudantes conformada por máis dun milleiro de persoas. Nesta primeira edición houbo 80 persoas que obtaron aos galardóns, divididos nas categorías de emprendemento, traxectoria profesional, humanidades, impacto social e investigación.

Premios Alumni U-Vigo

Finalmente, os premios foron para Bibiana Rodiño, fundadora e CEO de ‘BETA Implants’; María Luz Abeijón, enxeñeira industrial en diversos sectores e países; Andrea Ruzo, con máis de 12 anos de traballo no sector do deseño sustentable; Belén Riveiro, enxeñeira técnica forestal, doutora e autora de 7 patentes e Martín Rodríguez Vázquez cuxos  seus traballos audiovisuais foron exhibidos en máis de 50 festivais de cinema de todo o mundo, en países como Grecia, Francia, Colombia, Brasil ou Arxentina.

Rodríguez, que forma parte da equipa de Nós Televisión, xa recibiu galardóns como o Premio ao Mellor curto galego no Festival Fancine de Lemos ou Mellor curto no Festitmage de Catalunya. Ademais algúns dos seus videoclip emitíronse pola MTV e foron seleccionados como os mellores videoclips estatais.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego