Marilar Aleixandre, Premio Nacional de Narrativa 2022 por ‘As malas mulleres’

Marilar Aleixandre foi galardoada co Premio Nacional de Narrativa 2022,pola súa obra ‘As malas mulleres’ editada por Galaxia.  O premio, concedido polo Ministerio de Cultura e Deporte, está dotado con 20.000 euros.   O xurado destacou a súa obra ‘As malas mulleres’ (Galaxia) “pola súa orixinal estrutura híbrida que a converte nunha singular novela histórica sobre a situación carcelaria das mulleres no século XIX, cun admirable dominio do diálogo e da linguaxe”. A autora agradeceu o galardón nas súas redes sociais.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego