María Vázquez: “Se non criaba o meu fillo en galego, esta lingua ía desaparecer da miña familia”

María Vázquez, unha das actrices galegas máis coñecidas, foi a encargada de abrir as intervencións da Gala do LGx15 de 2021. Catro premios Mestre Mateo, a Medalla do Círculo de Escritores Cinematográficos, o premio El Ojo Crítico de RNE ou o Premio Cineuropa de 2019, avalan a extensa traxectoria desta profesional do audiovisual.

Volver ás raíces

Un emotivo recordo á súa avoa Plácida e o relato de como tomou consciencia da necesidade da transmisión interxeracional da nosa lingua, centraron o discurso de María Vázquez. “Deime conta de que se non criaba o meu fillo en galego, esta lingua ía desaparecer da miña familia”, afirmou contundente nun momento da súa intervención.

Ideas para a lingua galega

O célebre proxecto de difusión de ideas para a lingua galega LGx15, organizado pola Coordenadora de Traballadores e Traballadoras para Normalización da Lingua (CTNL), desenvolveu a gala da súa sétima edición o pasado mes de outubro en Compostela. O vídeo estreado onde á tardiña será o primeiro dunha serie de seis que serán difundidos nas próximas semanas.

 

 

 

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego