María Rozas, tenenta de alcaldesa de Compostela: “Necesitamos unha cidade máis acorde coas crianzas”

A tenenta de alcaldesa de Compostela, María Rozas, recibe a Nós Televisión no Pazo de Raxoi. Non é a primeira vez que asume este cargo. No 2015, a militante de Esquerda Unida foi concelleira de Economía, Facenda e Administración no goberno de Compostela Aberta e ocupou tamén o posto de tenenta de alcalde. Preguntámoslle como vai ser a María Rozas, tenenta de alcaldesa, neste novo goberno municipal que conforman o BNG e Compostela Aberta.

Nesta corporación, Rozas é concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude. Que accións ten pensadas para os vindeiros anos? A número un de Compostela Aberta apela no seu discurso ao dereito a vivenda e á habitabilidade da cidade tanto para a cativada como para as persoas máis maiores. Como debería ser esa Compostela?

Tamén lle preguntamos polas relacións co seu socio de goberno, o BNG de Compostela, e que ten Compostela Aberta, a única forza política asociada ás candidaturas municipalistas con presenza no goberno dunha cidade.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego