María Lado: “Xa non hai unha idea solemne e vella da poesía”

María Lado defínese como escritora e actriz ocasional. Nacida en Cee en 1979, comezou a relacionarse co mundo literario no Batallón da Costa da Morte, onde fixo os seus primeiros recitais sendo moi noviña.

Aldaolado, o dúo que ten con Lucía Aldao, leva case vinte anos viaxando polos escenarios de todo o país e de fóra. A proposta naceu coa idea de ofrecer recitais de poesía para a xente que non gostaba da poesía. Hoxe en día, grazas a elas e ás moitas poetas que fan cousas distintas na Galiza, que traballan nas marxes e que ofrecen espectáculos nos que conviven artes diversas, a poesía xa non é algo ao que terlle alerxia.

Gravamos esta entrevista en Santiago, nas oficinas de Urdime, Sociedade cooperativa galega, que é distribuidora de María Lado. Con ela falamos moito de poesía, pero tamén dos textos teatrais que escribe para Excéntricas, do seu papel cinematrográfico no Corno e incluso da gheada e do seseo.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego