Marcos Maceira: “Se o galego ten presenza é grazas ao movemento social”

Marcos Maceira preside, desde o 2014, a Mesa pola Normalización Lingüística, aínda que o seu compromiso coa lingua e cultura vén de vello. Maceira licenciase en Historia na Universidade de Santiago de Compostela. Nesa época, é representante dos Comités Abertos de Estudantes no Consello Escolar de Galiza e responsable de Organización dos CAF. Tamén o atoparemos no asociacionismo cultural. Foi secretario e presidente da Agrupación Cultural O Galo, ademais de vicepresidente da federación de asociacións culturais Galiza Cultura. Desde o 2007, tamén é o responsable de organización do Correlingua.

Entramos na sede da Mesa pola Normalización Lingüística para afondar nesta experiencia activista de Marcos Maceira e reflexionar sobre os retos que ten por diante a lingua galega.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego