Maratón de verán con… Rostros do País!

Rostros do País‘ chegou a Nós Televisión co obxectivo de visibilizar a todas aquelas persoas que pulan por Galicia desde diferentes ámbitos e perspectivas. Desde Miguel Anxo Bastos a Aida Tarrío, desde Esther Estévez a Sérgio Tannus, os Rostros do País son tan diferentes como as propias galegas e galegos. Nestes meses estivais, propoñémosvos unha maratón con estes programas que podedes atopar na nosa canle de Youtube.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego