O programa ‘Saúde e Terra. Voces da cultura galega‘ reúne a diversas creadoras e creadores da nosa cultura fronte a cámara de Xosé Bocixa. O programa chegará este sábado ao seu décimo capítulo. O primeiro Saúde e Terra estivo protagonizado por Xabier Díaz.
Camille Hédouin, do proxecto musical MounQup, foi a segunda convidada.
A importancia da música á hora de xerar a nosa cultura continuou facéndose visíbel a través de Xurxo Souto.
A creación escénica entrou no Saúde e Terra da man de Marta Pérez.
Guadi Galego puxo sobre a mesa importantes reflexións arredor da nosa cultura, incluíndo á música tradicional.
A historia tamén tece cultura. Con esta perspectiva, Carlos Mella chegou ao Saúde e Terra.
Un dos programas máis emocionantes foi no que Esther Carrodeguas abordou a creación e a dramaturxia.
O público infantil tamén ten o seu oco no Saúde e Terra.
E AveLina Pérez, dende a transgresión e o escenario, protagonizou o noveno capítulo deste programa que busca dar voz á nosa cultura.