Maratón de ‘Saúde e Terra!’: os 5 programas máis vistos desta tempada

Saúde e Terra, voces da cultura galega‘ pechou tempada neste mes de xullo mais iso no non quita a oportunidade de seguir desfrutando dos múltiples e diversos contidos que nos deixou ao longo dos últimos meses. O programa, realizado por Xosé Bocixa para Nós Televisión, dá voz ás persoas máis salientables das diferentes disciplinas culturais do país. Destacamos

Guadi Galego é unha das artistas máis relevantes da nosa escena musical, froito dunha carreira musical que comezou en 1997 con Berrogüetto. Grazas ao seu traballo ‘Inmersión’ , leva o Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado 2020 e volve recibir o Premio Martín Códax da Música á Mellor Artista en la categoría de Indie/Pop. A finais de 2020 publica ‘Costuras’, o seu quinto disco en solitario.

Xurxo Souto foi o líder e vocalista da banda de rock Os Diplomáticos de Monte-Alto entre 1990 e 2001, e gran difusor da música galega de agora e sempre. Outra das súas facetas a destacar é a de escritor e de comunicador, tanto na radio como na televisión.

Xosé Antonio Touriñán Rodríguez, nado o 16 de marzo de 1980, en Culleredo, é un actor, humorista e presentador de televisión galego

Carlos Blanco é actor, comunicador e cómico galego.

Xabier Díaz, cantante, compositor, investigador e compilador de música tradicional.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego