Manuel Portas: “Necesitamos reintegrar o galego no seu sistema orixinario”

Manuel Portas é profesor e director do Instituto Xelmírez 1, en Compostela, sociolingüista e militante a prol do galego. Tamén ten publicado ensaios como ‘Lingua e sociedade na Galiza’ e novelas como ‘Lourenço xograr’ e ‘Por puntos’ coas que gañou os premios García Barros e Blanco Amor respectivamente.

Portas foi membro da comisión fundadora da Mesa pola Normalización Lingüística, desempeñou postos na dirección da AGAL e foi membro do Consello da Nosa Terra. Falamos con el sobre o pasado, presente e futuro da lingua galega.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego