A normalización lingüística é unha cuestión persoal. Así o sostén Manuel Núñez Singala, director do servizo de normalización linguistica da Universidade de Santiago de Compostela (USC), e quen ademais está a participar da renovación do Plan Xeral de Normalización Lingüística.
Singala coordina a comisión de recursos lingüísticos, unha área de traballo transversal a todas as comisións que forman parte deste proceso. Neste marco, queremos saber que traballo están a realizar na comisión, que opina do feito de que varias entidades se descolgasen publicamente da renovación do PXNL e aproveitamos tamén para falar da situación do galego no ensino universitario.