O XXVII Premio de Poesía Avelina Valladares que outorga o Concello da Estrada xa ten gañador. Non é outro que o escritor Manuel López Rodríguez que consegue este galardón, dotado con 2.000 euros e a publicación do poemario, por terceiro ano consecutivo.
O xurado escolleu a obra de López Rodríguez, baixo o título ‘Fío-Taxidermista’, polo seu “realismo cromático, clasicismo do íntimo e cotiá e o hopperismo”. Nos anos anteriores, as obras premiadas foran ‘O cemiterio. A néboa’, no 2022, e ‘Para que non se me esqueza’, no 2021.