O noiés Manuel López xa ten con el o premio de poesía Avelina Valladares que galardona o seu poemario ‘Fío-Taxidermista‘. O Teatro Principal da Estrada acolleu esta XVII Festa da Poesía onde as nenas e nenos dos centros educativos da Estrada puxeron voz a varios poemas de autorías de renome.
O equipo encargado de escoller o mellor dos traballos presentados en esta edición destacou o “simbolismo metafórico atopamos unha acentuación atinada” da obra de Manuel López.