Manuel Iglesias Turnes, autor destacado pola AELG neste novembro

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) vén de destacar neste mes de novembro a figura e obra de Manuel Iglesias Turnes nado na A Baña en 1950. O autor desenvolveu a súa actividade profesional xunguida ao mundo das vacas, primeiro desde a Asociación Frisona Galega (Afriaga), cun importante labor na profesionalización deste sector en Galicia, e máis tarde levando a cabo unha actividade comercial relacionada co mundo da mellora xenética da variedade Holstein. Foi o primeiro presidente da Asociación Cultural Afonso Eanes do Val de Barcala e na actualidade está xubilado e cursa o IV ciclo universitario na U.S.C. É viúvo de Isabel Riveiro Vázquez, mestra de educación infantil, e pai de Xurxo e Noela. Como narrador, publicou en Xerais as obras ‘As rapazas de Xan’ (2012), ‘Que non te aten’ (2016) e ‘Os soños de Miguel’ (2022).

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego