M. González: “Hai que prever os recursos económicos para executar as medidas do PXNL”

Esta semana celebrouse a segunda xuntanza de cara á renovación do Plan Xeral de Normalización Lingüística (PXNL) mantida entre as persoas responsables das 11 comisións denomidadas para estes traballos xunto co coordinador, Manuel González.

Horas antes desa xuntanza, quedabamos no Instituto da Lingua Galega (ILG) co propio González, tamén presidente de Puntogal, membro da RAG e coordinador científico do Centro Ramón Piñeiro de Investigación en Humanidades.

Manuel González, que xa fora coordinador destes traballos na elaboración do PXNL no 2004, fala sobre como asume o seu nomeamento e como aborda o proceso de traballo das 11 comisións escollidas para a actualización do Plan. Preguntámoslle tamén por como afrontarán ás peticións de derrogación do decreto do plurilingüismo no ensino ou como se abordarán determinados puntos, como é o da lusofonía.

Ao longo da conversa, Manuel González insiste: ” as comisións deberan ter as vías abertas á sociedade”.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego