A Asemblea Republicana de Vigo e a Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 presentará este martes 21 de marzo ás 19.30 horas o documental Falando de Memoria no Museo Marco de Vigo.
Falando de Memoria consta de 15 microreportaxes que, co apoio económico da Deputación de Pontevedra, queren non só comporen a cartografía dos lugares de memoria de Vigo e de parte da súa bisbarra, senón tamén serviren de homenaxe aos homes e mulleres que sufriron cárcere, rapina, tortura, exilio ou morte por defenderen as liberdades públicas, a democracia e a República defronte o golpe de estado de xullo de 1936 e o fascismo.