Mañá, cando sexamos luns
M

Un xubilado que coida unha esposa encamada, unha funcionaria en risco de expulsión, un dependente de ferraxaría envolto nun asunto turbio e unha empregada brasileira que espanta un trauma. Estas catro persoas, con vidas converxentes malia non o saberen, coinciden nunha sala de espera mentres fóra a noite é un tornado de barullo e xente. Son nómades dunha cidade que ve sorprendida a súa rutina co asasinato dun dos seus empresarios senlleiros. Unha cidade que é narrada por unha voz que son moitas voces e protagonizada por varias historias que se acaban confundindo. ‘Mañá, cando sexamos luns’ é un thriller social que retrata con precisión cirúrxica a sociedade contemporánea. Unha novela onde a emigración, a soidade e a resistencia se converten nas verdadeiras protagonistas dunha narración que explora os límites entre a supervivencia e a dignidade.

Trátase da primeira novela de Xaquín Núñez publicada na colección Narrativa de Xerais.

Mercar libro

#EspazoLiterario

Ninguén mellor que o autor ou autora para dar a coñecer a súa obra literaria. Con esta intención, créanse en Nós Televisións os Espazos Literarios: 'Xerais, en singular', 'Ler na Baía' e 'Universo Galaxia'