Máis dun milleiro de visualizacións no día de estrea do documentario ‘Zeca 1972 Galiza’

Este pasado sábado, Nós Televisión estreou na canle de YouTube o documentario ‘Zeca 1972 Galiza‘ obtendo máis dun milleiro de visualizacións. O traballo audiovisual, realizado en colaboración coa Cooperativa Xarda, contou tamén cun alcance de máis de 8.000 impresións, e cunha audiencia maioritariamente galega (54,6%) e portuguesa (21,2%).

‘Zeca 1972 Galiza’

José Manuel Cerqueira Afonso dos Santos, máis coñecido por Zeca Afonso, fai parte da nosa historia. Este vínculo con Galiza non só se forxou a través dos seus concertos, ou das fortes amizades que mantivo no noso país, senón que se tratou dunha conexión popular e nacional entre o Zeca e o pobo galego.

O 10 de maio de 1972 o Zeca tocou por vez primeira o Grândola no Burgo das Nacións, en Compostela. Ese ano está cheo de forza e de memoria no movemento obreiro galego tanto polo asasinato dos sindicalistas Amador Rey e Daniel Niebla cometido polo día 10 de marzo a mans da policía franquista como da forza da clase traballadora no reclamo de melloras sociais e laborais.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego