O Museo do Pobo Galego impulsa a xornada ‘O futuro dun legado. Encontro do asociacionismo cultural galego a cen anos do SEG‘ que terá lugar este sábado, 1 de xuño, en Compostela e onde participarán cerca de trinta asociacións das catro provincias galegas que están a traballar en investigación e divulgación de diferentes ámbitos do patrimonio galego: científico, cultural, histórico, territorial, patrimonio inmaterial…
A xornada pretende centrar intercambios de reflexión colectiva para afondar nas posibles solucións aos desafíos que xorden na xestión dos proxectos para analizar e fomentar as relacións entre o tecido asociativo, veciñal e do patrimonio. Deste xeito, séguese a estela aberta no seu tempo polo SEG logo do seu cento aniversario.