Unha nova edición do Festiva Maré comeza esta semana en Santiago de Compostela, onde reunirá a máis de 30 artistas chegados de diferentes países, con propostas diversas que se poderán ver en 10 escenarios diferentes da cidade de Santiago de Compostela.
O Festival, tal e como explicou en rolda de prensa o seu director, Vítor Belho, de Nordesía, está mo ipensado en clave de retorno social, para que a cultura sexa o que ten que ser, un dereito, e favorecer a participación ampla e maioritaria de todo tipo de públicos.
O Festival conta por primeira vez co apoio económico da Área de Cultura da Deputación da Coruña, a través de liña de axudas públicas a empresas culturais, despois de que estes anos estivese apoiado polo departamento de Turismo.
Tamén conta co apoio do Concello de Santiago e co apoio da Xunta de Galicia, a través do departamento de Lingua e da dirección xeral de Turismo.



