Ana Miranda, Xosé Manuel Beiras ou Carlos Taibo conforman algunhas das 200 sinaturas que piden a creación dunha Plataforma Antifascista Galega para “combater a ameza fascista e o seu proxecto oligárquico”. O documento que podes atopar aquí tamén conta co apoio de figuras do mundo cultural e político de Galiza, como a sindicalista Laura Bugalho, a feminista Lola Ferreiro, a ecoloxista Nela Abella ou a actriz Mónica Camaño.
Máis de 200 persoas solicitan a creación dunha Plataforma Antifascista Galega
Laura Bugalho, Lola Ferreiro, Xosé Manuel Beiras, Ana Miranda ou Mónica Camaño asinan este manifesto