As organizacións convocantes prevén unha asistencia masiva a esta manifestación que partirá da Alameda de Santiago ás 12 do mediodía deste sábado 5 de xuño. A marcha transcorreará polas rúas compostelás ata chegar á Praza do Obradoiro na que se lerá o manifesto e se gardará un minuto de silencio simbólico por todos aqueles territorios do país que xa foron destruídos ou se están vendo ameazados pola ocupación eólica.
A vicepresidenta de ADEGA, Verónica Torrijos, explícanos as razóns desta mobilización:
A marcha contará co pertinente servizo de orde para garantir o cumprimento de todas as medidas de seguridade obrigadas diante da actual situación de pandemia. As persoas que queiran participar nesta gran marcha deberán gardar a mínima distancia de seguridade e levar posta sempre a máscara.