As actividades arredor do Día das Letras Galegas enche a programación cultural e de dinamización lingüística do concello de Pontevedra. O concelleiro de Normalización Lingüística, Demetrio Gómez, presentou a programación completa de ‘Maio, mes da lingua’ que recolle un conxunto de actividades construídas ao redor da conmemoración do Día das Letras Galegas, entre as que se inclúen concertos musicais, espectáculos teatrais, certames orais ou presentacións culturais.
Este ano poñen especial atención nas novas xeracións, con propostas dirixidas para todos os públicos. Xa o sábado pasado celebrouse o Ben Veñas, Maio. Certame musical e entrega de premios de todos os certames // Ás 18 horas, no Teatro Principal. Aquí está o que queda por vir:
Xoves, 16 de maio – Concerto Agora: Sun–Iou // Ás 12.30 h no CEIP Campolongo // Organiza o CEIP Campolongo
Venres, 17 de maio – Festa da Lingua // Ás 20.30 h desde a praza da Peregrina, ruada con banda de gaitas // Ás 21 h na praza da Pedreira, concertos de Os Vacalouras e Catuxa Salom // Coa colaboración da asociación cultural A Pedreira
Sábado, 18 de maio – Festa da Lingua: xogos populares, Peter Punk, banda de gaitas e libros viaxeiros // Ás 11 h na rúa Serra // Coa colaboración da asociación cultural A Pedreira
Sábado, 25 de maio – Traficantes de verbas, con Aventeira // Ás 12 h na Illa do Covo // Para crianzas de 8 a 12 anos, sen inscrición previa
Sábado, 25 de maio – Falemos como galegas, con Migallas. Espectáculo teatral // Ás 17 h no centro cultural de Monte Porreiro // Coa colaboración do centro cultural de Monte Porreiro // Entrada libre ata completar a cabida
Domingo, 26 de maio – Bótalle un conto. Final // Ás 17 h no Teatro Principal // Entrada libre ata completar a cabida
Luns, 27 de maio – Correlingua // Ás 10.30 h desde a alameda // Coa colaboración da asociación cultural Correlingua e CIG-Ensino
Xoves, 30 de maio – Que viva o galego!, con Migallas // Ás 18 h na alameda // Para crianzas de 4 a 6 anos // Programación do Apego na primavera, require inscrición previa
Venres, 31 de maio – Recepción ás asociacións de peche de Maio, Mes da Lingua // Ás 20 h no primeiro andar do Teatro Principal
Sábado, 1 de xuño – Os monstros tamén teñen sentimentos, con Aventeira // Ás 12 h na Casa Azul // Para crianzas de 8 a 12 anos, sen inscrición previa
Sábado, 8 de xuño – Entrega dos Premios Mil Primaveras // Ás 19.30 h no Pazo da Cultura // Coa colaboración da CTNL // Entrada libre ata completar a cabida