Luísa Abad, autora destacada pola AELG neste mes de xuño

María Luísa Abad Abad, nada na Coruña o 20 de agosto de 1951, é unha mestra, asesora de educación infantil, divulgadora didáctica, especializada en coeducación, orientadora escolar e escritora galega. A Asociación Galega de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) vén de destacala neste mes de xuño.

Aban iniciou estudos de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, licenciandose en Pedagoxía na Universidade de Barcelona, mestra de primaria en Galicia e Barcelona, exerceu como orientadora escolar a nivel de secundaria no CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo), onde participou nos programas europeos Leonardo da Vinci e Sócrates_Comenius, e no IES Menéndez Pidal (Zalaeta, A Coruña). Foi asesora de Educación Infantil e coeducadora no CEFORE (Centro de Formación do Profesorado) de Vigo. Na Universidade de Salamanca preparouse como Formadora de Formadores en Educación Infantil.

Deseñou e implementou o apartado de coeducación no Plan de Formación do Profesorado de primeiro tramo de Educación Infantil das Galescolas. Foi compoñente durante 10 anos do Consello de Redacción da revista IN-Fancia, educar de 0 a 6 anos, editada pola Asociación de Rosa Sensat. No 2004 recibiu o premio da Consellería de Educación á innovación educativa polo traballo “Alertando da violencia de xénero”.

Participou nos Programas da Televisión de GaliciaPreescolar na casa nª 207 e Nin máis nin menos. Tras unha vida dedicada á docencia, na súa xubilación continúa a impartir relatorios de educación afectivo-sexual e coeducación e a escribir poesía.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego