Lugo acollerá este venres pola tarde un paseo literario pola
cidade en homenaxe a Darío Xohán Cabana. Coincidindo coa reedición do libro “A Fraga Amurallada” por parte do Servizo de Publicacións da área
de Cultura da Deputación de Lugo e baixo o título “Unha volta co Darío pola fraga amurallada”, convócase un roteiro no que persoas das letras e da cultura e amizades do autor declamarán algúns dos poemas que lle dedicou á cidade. A actividade, que conducirá o escritor Lois Pérez, comezará ás 19.00 horas, nas escaleiras da Porta Falsa, na Praza de Ferrol.
Lugo homenaxea a Darío Xohan Cabana cun paseo literario
Faite socia, faite socio
As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego



