Lugo convertirase desde este 23 de febreiro na Capital da Cultura do Eixo Atlántico

O Eixo Atlántico desenvolve desde hai 14 anos o programa ‘Capital da Cultura’, un evento que busca promover a creación cultural e a accesibilidade ao consumo cultural de profesión da creación e as artes, tanto en Galiza como no norte de Portugal. Ademais, nesta edición, quérese visibilizar ás creacións das e dos profesionais máis novos xunto coas novas formas de cultura urbana integrando na súa programación a música e a pintura mural. Con todo, non perde de vista ás industrias culturais e á creación de emprego.

O lugar de celebración deste ano será Lugo, que toma o relevo de Braga, a Capital da Cultura 2021. Deste xeito, a VII Capital da Cultura en Lugo inaugurarase o Día de Rosalía, 23 de febreiro, ás 10.30 horas, coas actuacións de Abraham Cupeiro e a Orquestra Filharmónica de Braga no Auditorio Gustavo Freire. A programación continuará até o mes de novembro con eventos de diversas disciplinas que incluirán o Arde Lucus, o Caudal Fest e o Festival Internacional de Jazz.

A primeira actividade terá lugar o 25 e 26 de febreiro coa Feira gastronómica “Sabores do Eixo” que se desenvolverá no semisoto da Praza de Abastos.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego