A provincia de Lugo goza dun alto valor patrimonial románico e, para popularizalo e pór en valor, a Deputación de Lugo leva desde o 2021 editando guías ás que todas as persoas poden acceder dixitalmente. A última guía en engadirse é a referida ás comarcas de Lugo, A Terra Chá e A Mariña que se suman aos anteriores volumes dedicados á Ribeira Sacra; a Ulloa; e Os Ancares, O Courel e Sarria.
Ademais, a Deputación de Lugo está a organizar durante todo este mes de maio rutas gratuítas polo patrimonio románico de toda a provincia.