Luar Na Lubre XX – Encrucillada
L

Bieito Romero - Lendo na Baía

Este libro-disco é o resultado de máis de setenta colaboracións doutras tantas persoas pertencentes ao mundo da música, da literatura, do periodismo, da ilustración…, colaboracións que enchen de orgullo e agradecen inmensamente todas e todos os compoñentes de Luar Na Lubre, con Bieito Romero á batuta. Valoran dun xeito moi especial tanto esforzo e paciencia achegados durante este proceso de creación e, ao mesmo tempo, desexan que resultase gratificante esta esperanzadora “encrucillada” de proxecto compartido.

A obra vai acompañada dun QR coas traducións dos textos ao castelán.

Mercar libro

#EspazoLiterario

Ninguén mellor que o autor ou autora para dar a coñecer a súa obra literaria. Con esta intención, créanse en Nós Televisións os Espazos Literarios: 'Xerais, en singular', 'Ler na Baía' e 'Universo Galaxia'