Lourenzo Fernández Prieto: “Temos que chamala Guerra de España e non Guerra Civil”

Lourenzo Fernández Prieto forma parte dunha xeración marcada pola guerra de España, isto non só marca esta entrevista senón tamén a súa propia biografía. Nace en 1961, na Devesa, en Ribadeo, aínda que medra en Ferrol, onde vive coa familia desde que ten 3 anos.

No seu camiño, dá con profesores que deixan pegada nel como é o caso do historiador Guillermo Llorca. Tanto é así que marcha para Compostela a estudar Historia na Universidade de Santiago. Licénciase no 84, doutorase no 90, é profesor titular desde o 93 e catedrático desde o 2005.

A súa especialidade é a historia agraria contemporánea. Estuda á sociedade rural e os cambios tecnolóxicos. Dirixe o departamento de Historia Contemporánea da USC, o Grupo de historia agraria e política do mundo rural e o proxecto interuniversitarioNomes e Voces‘, que marca un punto de inflexión na abordaxe da memoria das vítimas tras o golpe de 1936.

Lourenzo Fernández Prieto tamén foi vicerreitor da USC entre os anos 2006 e 2009. A toda esta experiencia cómpre sumarlle o seu recente ingreso na Real Academia Galega. No seu discurso, non só tivo palabras relacionadas coa historia colectiva senón tamén coa persoal. Por aí, precisamente, comezamos esta entrevista na que miramos ao pasado, sempre desde o presente.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego