A escritora, profesora e sociolingüista Pilar García Negro protagoniza a primeira entrega desta nova época da revista LongaLingua, que fora creada pola Mesa pola Normalización Lingüística e a Fundación Vía Galego nos anos 2006 e que, finalmente, parara a súa actividade no 2021.
Para esta nova etapa multimedia, LongaLingua adáptase ao formado videopodcast baixo a dirección da xornalista Eva Fernández Prieto, tamén directora da revista online de cultura tradicional galega Rebelico.
LongaLingua permanecerá vinculada coa súa esencia contando con análises sobre a situación da lingua galega da man de persoas expertas. Os videopodcast estarán dispoñíbeis en diferentes plataformas como Spotify e Youtube.