Lois Diéguez, autor destacado pola AELG neste mes de maio

Lois Diéguez Vázquez, nado en Monforte de Lemos o 17 de abril de 1944, é un escritor e político galego que neste mes de maio conta co destacado da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega,

Diéguez foi alumno de Manuel María na súa vila natal, estudou enxeñaría topográfica en Madrid e exerceu esa profesión no Concello de Lugo. Militante da UPG, foi un dos fundadores e voceiro da AN-PG e deputado polo BNPG no Parlamento de Galicia (1981-1985) e un dos deputados nacionalistas expulsados do Parlamento de Galicia en 1982. Membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega, traballa en seccións periódicas en distintos xornais, das propias agrupacións culturais e da súa produción literaria.

O seu poema ‘Eu son a voz do pobo’, converteuse nunha das cancións emblemáticas do grupo Voces Ceibes. Pertence ao Colectivo Círculos Líticos, integrado, entre outros, por Antón Fortes Torres e Isidro Novo.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego