“Nos últimos anos era unha odisea chega ao 10% de músicas nos festivais galegos”, sostén a ilustradora e música Laura Romero na súa entrevista no programa Saúde e Terra de Nós Televisión. “Levo ilustradas máis de 200 músicas contemporáneas, mulleres músicas hai”.
Laura Romero é ilustradora, urban sketcher e música. Debuxa en vivo durante festivais e concertos, o proxecto Músicas Galegas Ilustradas, espectáculos de música e ilustración en directo, deseño de logos para bandas, etc. É baixista en Zënzar e en MJ Pérez. Podes ver aquí a súa entrevista ao completo: