La Yegros, a raíña arxentina da cumbia, chega a Compostela coa xira de aniversario ‘Viene de mí’

Foi no 2013 cando, a ritmo de cumbia, ‘Viene de mí’ propulsou a Yegros aos oídos do mundo. Convertido nun éxito internacional, Viene de mí situou a artista arxentina no punto de mira. Dez anos despois da publicación do seu primeiro álbum do mesmo nome, La Yegros quere celebralo no escenario onde sen dúbida destaca, embarcándose nunha xira de aniversario que fará parada o sábado, 11 de marzo, na Sala Capitol de Compostela.

A raíña arxentina da Cumbia da este concerto dentro do ciclo patrocinado polo Xacobeo “Suseia et Ultreia. Todos os Pobos, Linguas e Tribos”. Ao abeiro do Xacobeo, continuará ao longo do 2023 a cultura que busque favorecer o entendemento e a solidariedade, garantir a xusticia social e propiciar escenarios abertos ao diálogo a través da música; unha homenaxe ás culturas dos países de procedencia dos peregrinos a Compostela.

Podes conseguir aquí as túas entradas.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego