Josyara: “O primeiro impacto quando cheguei à Galícia foi a língua”

A unión da lusofonía tamén chega á cultura. Ela é Josyara, cantora, compositora, instrumentista e arranxadora que vén de converterse nunha das voces máis interesantes na cultura lusófona ao colocar a Música Popular Brasileira (MPA), con raíces do Nordeste, na Bahia, con sonoridades e linguaxes absolutamente contemporáneas.

A súa recente canle de conexión con Galicia foi o Festival Maré en Santiago de Compostela, un escenario idóneo para unha creadora que traballa desde o marco da resistencia cultural e ve como fundamental o tecido de apoio mutuo entre as artistas.

Tecer pontes na lusofonía: un reto pendente

Josyara fai fincapé na importancia da conservación das linguas orixinarias dos territorios, neste caso do Brasil, mais tamén o aproveitamento da conexión lusófona. Sinala que aínda non se conseguíu tecer unha rede cultural na lusofonía, canto menos no Brasil onde apenas se consume música do Cabo Verde ou de Portugal.

Josyara fala desde a pel narrando como desde a industria musical a intentaron reducir a intérprete cando ela tamén é instrumentista, compositora e arranxadora. Ante isto lanza unha mensaxe clara ás artistas que se enfrontan ás violencias machistas: a desobediencia e a firmeza ante o que unha quere.

Sostemos unha conversa coa artista no Riquela Club, en Compostela.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego