Entramos no Pazo Provincial de San Marcos para conversar co presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, que hai uns meses recuncaba no cargo. “Estou ilusionado, satisfeito e agradecido”, sostén o tamén alcalde de Monforte. Preguntámoslle desde os proxectos que quere retomar neste novo mandato ata as relacións co socio de goberno na entidade provincial. O socialista fai fincapé nas políticas sociais da Deputación de Lugo como é o exemplo da rede pública de residencias para maiores. Chama a unha revisión do modelo de financiamento local para evitar que as Deputacións teñan problemas para axudar aos concellos. José Tomé tamén sostén que “na política estamos de paso” e “o importante” é que “cando un xa non estea, alguén poida dicir que fixo unha xestión axeitada”.